VAINA DEFENDER FRANCISCO JORQUERA

Após falarmos coa veciñanza, este xoves levamos a Pleno unha moción sobre o Barrio das Flores

Veciños do Barrio das Flores
Reunión cos veciños
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender no Pleno do próximo 8A unha moción por medio do cal insta o Goberno Local a que desenvolva un Plan de Rehabilitación Integral do Barrio das Flores en diálogo coa veciñanza.
Após falarmos coa veciñanza, este xoves levamos a Pleno unha moción sobre o Barrio das Flores

As propostas que fai o BNG nesta iniciativa son produto do recente contacto tido por Francisco Jorquera con veciñas e veciños do barrio, “un dos máis singulares da cidade e con maior conciencia de seu”, remarca o voceiro nacionalista.

“O Barrio das Flores precisa dun plan de rehabilitación integral que recupere e poña en valor este barrio emblemático”, subliña Jorquera. A iniciativa do BNG coloca como obxectivos do Plan de Rehabilitación Integral a mellora global da accesibilidade, do pavimento e dos labores de limpeza, a dotación de novos equipamentos públicos (entre eles un Centro Cívico e unha pista polideportiva) e a adopción de medidas para calmar o tráfico e incrementar a seguranza dos peóns na estrada AC-10, da que é titular o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O BNG coñece que o Concello acaba de contratar unha asistencia técnica para redactar un Plan Director para a rehabilitación deste barrio. “Parécenos unha boa noticia, mais o que fai falta agora é que os contidos dese plan sexan falados e debatidos coa veciñanza, que é a que coñece de primeira man os problemas e carencias” desta populosa zona da cidade, na que moran por volta de 4.000 habitantes.

“En todo caso, mentres non se elaborar e materializar ese Plan, o Concello pode perfectamente adoptar xa medidas que contribúan a mellorar a calidade de vida das e dos veciños”, argúe Jorquera, quen agarda recibir o apoio do conxunto da Corporación para o Pleno lle dar luz verde a esta moción.

 

Após falarmos coa veciñanza, este xoves levamos a Pleno unha moción sobre o Barrio das Flores