Novas
Shot of a woman assisting her elderly patient who's using a walker for support

Moveuse xa o Goberno Local para as traballadoras do SAD veren actualizados os seus salarios?

No pleno do pasado mes de xuño a Corporación aprobou por unanimidade unha moción do BNG, defendida por Avia Veira, que substancialmente demandaba dúas cousas do Goberno Local. Primeira, que se dirixise ás concesionarias do Servizo de Atención a Domicilio (SAD) para lembrarlles a súa obriga de actualizar os salarios das súas traballadoras de acordo co IPC de 2021 (6,5%). Segunda, que instase a Xunta de Galiza a incrementar o financiamento do SAD por medio do aumento do prezo do servizo, de modo a mellorar as condicións laborais das traballadoras.
Ler novas
Jorquera entrevista cos traballadores de Mersant Vixilancia

Jorquera, cos traballadores do servizo de vixilancia do Kiosko Alfonso e Durán Loriga

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá unha reunión con traballadores do servizo de vixilancia do Kiosko Alfonso e da Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Rúa Durán Loriga, nunha situación límite ao non percibiren os seus salarios desde decembro e na práctica ter desaparecido a empresa concesionaria sen que o Goberno Local licitase o novo concurso.Ser
Ler novas
Vídeo
8 anos para presentar a demanda sobre a Casa Cornide?

8 anos para presentar a demanda sobre a Casa Cornide?

Eis o debate no Pleno entre o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, e o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, sobre a Casa Cornide. Conclusión? Que o Goberno Local pon como tope 2027 (!) para presentar a demanda para recuperar a Casa Cornide. Pois seica 8 anos foi o tempo empregado por Michelangelo en pintar a Capela Sixtina.

"Teñen de verdade vontade política de iniciar a batalla legal para que os Franco nos devolvan o roubado?", pregúntalle Jorquera e Celemín responde que "ten tempo sobrado" para presentar a demanda, sendo que Buonarroti non só pintou os frescos da bóveda, senón tamén o altar.

Ou sexa, falta vontade política no Goberno de Inés Rey -que dispón dun informe xurídico favorábel desde decembro de 2020- para ir aos tribunais e encetar o proceso que leve á restitución á cidade dunha xoia do barroco coruñés que en tempos até foi sede do Concello.

Ler novas
Veira e Jorquera Pleno Xuño

Nin PSOE nin PP apoian no Pleno a celebración dunha consulta popular sobre o porto

Nin o PSOE nin o PP apoiaron no pleno ordinario do mes de xuño realizado ese xoves a celebración dunha consulta popular sobre o futuro dos peiraos do porto interior. Os seus votos tombaron a moción asinada conxuntamente por BNG, Marea Atlántica e a concelleira non adscrita, unha iniciativa promovida por Defensa do Común e diversas entidades veciñais e culturais.
Ler novas
Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda

Unha moción do tecido social para o Concello organizar unha consulta popular sobre o futuro do porto

O grupo municipal do BNG -conxuntamente co da Marea Atlántica e coa concelleira non adscrita Isabel Faraldo- vai defender no Pleno deste xoves unha moción que recolle un clamor, o do tecido social da cidade a favor de que o Concello organice unha consulta popular sobre o futuro dos peiraos desafectados polo traslado de actividade ao porto exterior de Punta Langosteira.
Ler novas