Eis o debate no Pleno entre o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, e o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, sobre a Casa Cornide. Conclusión? Que o Goberno Local pon como tope 2027 (!) para presentar a demanda para recuperar a Casa Cornide. Pois seica 8 anos foi o tempo empregado por Michelangelo en pintar a Capela Sixtina.
"Teñen de verdade vontade política de iniciar a batalla legal para que os Franco nos devolvan o roubado?", pregúntalle Jorquera e Celemín responde que "ten tempo sobrado" para presentar a demanda, sendo que Buonarroti non só pintou os frescos da bóveda, senón tamén o altar.
Ou sexa, falta vontade política no Goberno de Inés Rey -que dispón dun informe xurídico favorábel desde decembro de 2020- para ir aos tribunais e encetar o proceso que leve á restitución á cidade dunha xoia do barroco coruñés que en tempos até foi sede do Concello.