INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O #PLENOXUÑO DESTE 2X

29 mil persoas en medio quilómetro cadrado: a Agra do Orzán necesita un plan específico de rexeneración urbana

Avia Veira e Francisco Jorquera diante do xardín do Observatorio
Avia Veira e Francisco Jorquera, diante do xardín do Observatorio
A realidade do barrio da Agra do Orzán resúmese nestes números: en apenas medio quilómetro cadrado moran 29.000 persoas, o que resulta nunha das densidades de poboación maiores de todo o Estado. 
29 mil persoas en medio quilómetro cadrado: a Agra do Orzán necesita un plan específico de rexeneración urbana

Pois ben, esas 29.000 persoas dispoñen de 0 metros cadrados de zonas verdes, produto dun modelo de urbanismo desaforado e descontrolado, afirma a concelleira do BNG Avia Veira no texto dunha moción que vai defender no Pleno deste xoves 2 de xuño.

A iniciativa do BNG perseque que o Goberno Local impulse un Plan de Rehabilitación e Accesibilidade para os edificios do barrio da Agra do Orzán, con, entre outros obxectivos, o de mellorar a calidade urbana e estética, eliminar a presenza de cables no exterior dos inmóbeis e aumentar o número de edificios que cumpran cos criterios de accesibilidade universal.

Canto ao problema da carencia absoluta de zonas verdes, o BNG propón, por medio desta moción, que se faga do Observatorio unha grande zona verde e un Parque Público libre de novas edificacións e no que se aproveiten os inmóbeis non utilizados polo Observatorio Meteorolóxico.

Canto ao problema da carencia absoluta de zonas verdes, o BNG propón, por medio desta moción, que se faga do Observatorio unha grande zona verde e un Parque Público

Remarca Avia Veira que os únicos espazos públicos de que dispón o barrio neste momente son a Rúa Barcelona e a Praza das Conchiñas. Este "anaquiño de barrio" foi roubado á especulación pola loita da veciñanza. Porén, durante o mandato de Carlos Negreira (PP) as árbores da praza, a consecuencia da apertura dun aparcadoiro, foron eliminadas, para se abrir un parque infantil "que deixa moito que desexar".

O barrio ten tamén serios problemas de limpeza, polo que a moción pide que se intensifique as tarefas nesta materia, nomeadamente no que ten a ver coa recolla do lixo. Asemade, o BNG propón que se faga unha campaña de concienciación sobre a obrigatoridade de recoller os excrementos dos animais na rúa.

A mellora da mobilidade por medio do transporte público é outra das materias pendentes, mesmo co estudo do establecemento dunha liña polo interior do barrio.

 

Unha campaña de promoción do comercio do barrio -coa mobilización dos baixos en desuso- e a inclusión da Agra do Orzán na programación cultural e deportiva do Concello son outras das demandas veciñais que recollemos nesta moción.

29 mil persoas en medio quilómetro cadrado: a Agra do Orzán necesita un plan específico de rexeneración urbana