Novas
comisom seguimento 2

Por que o Goberno Local continúa sen impulsar a creación do Consello Económico e social?

Non é só unha proposta do BNG que acabou sendo asumida polo Pleno do Concello (3 de decembro de 2020), senón que tamén é unha demanda de distintos axentes sociais da nosa cidade. Mais o certo é que o Consello Económico e Social continúa sen ver a luz, o que anima o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a levar o asunto ao Pleno do vindeiro xoves 13X en forma de pregunta oral.
Ler novas
Cos de urxencias

Unha moción para o Pleno se solidarizar co persoal de Urxencias do CHUAC

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender no Pleno do vindeiro xoves 13X unha moción para a Corporación coruñesa se solidarizar co persoal de urxencias do CHUAC, o máis afectado pola repunta de casos Covid-19 e que este mesmo venres se mobilizou en demanda de máis medios humanos e da mellora das súas condicións laborais.
Ler novas
Obras na rúa Páramo. Foto: Entre Nós Dixital

Un rogo para o Concello completar a reforma da Rúa Páramo

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo, para a súa defensa no Pleno do vindeiro xoves 13X, por medio do cal insta o Goberno Coruñés a que complete a reforma da Rúa Páramo, no treito comprendido entre a confluencia desta vía coas rúas Barcelona e Canceliña e os terreos do Observatorio Meteorolóxico.
Ler novas