Novas
Cárcere provincial

Levamos a Pleno a situación do cárcere, pendente da negociación co Estado para lograr a súa reversión gratuíta

O 3 de decembro de 2020, o Pleno do Concello encargou ao Goberno Local, ao aprobar unha moción do BNG, que establecese negociacións co Estado para conseguir a cesión do antigo cárcere ao Concello, unha vez rehabilitado. A iniciativa emprazaba tamén o Executivo coruñés a que demandase do Goberno central o correcto mantemento do centro penitenciario, un edificio de grande valor arquitectónico e simbólico –nel estiveron internados centos de presos políticos durante o franquismo- que ameaza ruína polo estado de abandono en que se atopa. A degradación da vella prisión ten un impacto brutal na contorna da Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade e símbolo da nosa cidade.
Ler novas

Por un tren de proximidade para a área urbana da Coruña

O Bloque Nacionalista Galego continúa a súa campaña para reclamar unha mellora nas conexións internas da Galiza e rexistra iniciativas no Congreso para implantar o servizo ferroviario de proximidade na Coruña e a súa contorna, incluíndo as conexións con Ferrol e Santiago. O deputado nacionalista Néstor Rego demanda modernizar as infraestruturas e reactivar os apeadoiros e tramos urbanos da vía que foron abandonados para dar cobertura aos principais núcleos de poboación.
Ler novas
Mani

Unha multitude sae á rúa e responsabiliza o Goberno galego do colapso do sistema sanitario público

Unha multitude saiu este serán ás rúas da Coruña en defensa da sanidade pública en xeral e en particular da atención primaria da comarca e do servizo de urxencias do CHUAC. Unha multitude que o ten ben máis claro que o Goberno galego: sen persoal non hai sanidade. Unha multitude que responsabiliza da situación a quen ten as competencias para mellorar as cousas, o Goberno galego que preside Feixoo.
Ler novas
Casa Escariz

En resposta ao BNG, o Goberno Local di que estudará reclamarlle aos testamenteiros as rendas da Casa Escariz

“Non estamos neste momento procesal, estudarase cando teñamos a información que corresponda procesalmente”, responde o Goberno Local ao portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quen inquirira o Executivo coruñés sobre se pensa reclamarlle á Fundación Manuel Piñeiro Pose as cantidades “cobradas e retiradas indebidamente” procedentes da Casa Escariz.
Ler novas
IMG-20220117-WA0007

Ferrol-A Coruña ou como facer unha viaxe nun tren propio de principios do século XX

Ás 8.40 partiu de Ferrol o tren máis rápido daqueles que fan o traxecto que vai cara A Coruña. Chegou a San Cristovo ás 9.54. Case 75 minutos para cubrir apenas 50 quilómetros de vía férrea. Nel viaxaba a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, acompañada polo noso deputado no Congreso Néstor Rego e polo voceiro do BNG no Concello de Ferrol, Iván Rivas. Foron recibidos na estación de San Cristovo por Francisco Jorquera, Mercedes Queixas e un nutrido grupo de militantes e simpatizantes do BNG. 
Ler novas