PREGUNTA ORAL DE AVIA VEIRA NO #PLENOXUÑO DESTE 2X
Os alugueres subiron 18% de media nos últimos 4 anos. Que pensa facer o Goberno Local?
“Queremos saber como valora o Goberno Local o feito de o aluguer das vivendas ter subido de media un 18%. Queremos saber como vai afrontar este reto de cidade, todo un desafío, sendo que o elevado custo do prezo dos alugueres condiciona a vida diaria de moitas coruñesas e que a moitas outras as expulsa na práctica da cidade”, afirma Avia Veira, quen pon en destaque que A Coruña é a cidade galega con máis fogares coa casa arrendada.
E que facer ante esta situación desde as competencias que ten o Concello? Para o BNG a clave pasa por “cumprir coas mocións que aprobamos no Pleno en materia de Vivenda, nomeadamente aquelas formuladas polo BNG” e, sobre todo, pasa por facer de EMVSA unha verdadeira empresa municipal de vivenda, “que poda actuar en distintos planos, tamén como avalista ou prestando asesoría ás persoas que procuran un aluguer”.
“Somos conscientes de que a escaseza de vivenda pública é debida á ausencia de políticas dignas de tal nome por parte do Estado e da Xunta –o Estado está á cola de Europa e Galiza á cola do Estado-, mais o Concello ten un papel a xogar e, baixo o noso punto de vista, non o está a facer suficientemente”, conclúe a concelleira.