UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Menos prazas no Campacoles. Por que?

Campacoles
Foto: La Opinión.
A oferta de prazas nos chamados Campacoles –unha iniciativa da Federación de ANPAS e do Concello da Coruña- sofreu este 2022 un drástico corte en relación a 2021.
Menos prazas no Campacoles. Por que?

De feito, se en 2021 ofertáronse 2.250 prazas en 10 centros educativos de infantil e primaria, neste ano só se ofrecen 1.575 -45 por sede e quenda- en 8 colexios.

Así o denuncia a concelleira do BNG Avia Veira, quen verbo desta cuestión formula dúas preguntas por escrito ao Goberno Local: a primeira, por que consinte “semellante retallada” na oferta; a segunda, como pensan Gobenro Local e Federación de Anpas dar resposta “ás familias que ficaron sen praza tendo dereito a ela”.

Menos prazas no Campacoles. Por que?