EN APOIO AO PEQUENO COMERCIO

Mellor Local, Mellor Galego, no Castrillón, na Coruña toda!

Mellor Local, Mellor Galego
Estrella Pérez, José Souto, Francisco Jorquera, Fran Rei
Mellor Local, Mellor Galego, no Castrillón, na Coruña toda!

Nestas dadas, en realidade sempre, é mellor mercarmos na nosa contorna e é mellor mercarmos galego. É por isto que o BNG espalla estes días polo país adiante a campaña Mellor Local, mellor Galego que o noso voceiro no Concello e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, presentou no seu barrio, no Castrillón.

Jorquera estivo na libraría Santé na compaña do seu propietario, José Souto, e de Estrella Pérez, presidenta de Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos (ACOCEM).

“É o pequeno comercio o que fai cidade, o que vertebra malla urbana, o que fai comunidade. A súa defensa é un dos peares do noso proxecto de cidade”, afirma Jorquera, quen acudiu ao Castrillón canda o secretario de Organización do BNG da Coruña, Fran Rei.

“Se queremos rúas cheas de vida, rúas tamén seguras, o pequeno comercio é básico. Nesta cidade xa vimos a que conduciu a hipertrofia das grandes superficies comerciais, hoxe a maior parte delas abandonadas. Ese é un modelo do pasado. O presente e o futuro está en diversificar e modernizar o pequeno comercio, nomeadamente aquel vinculado ás producións locais, ao que se produce na nosa contorna. E o Goberno Local ten de ser o seu aliado”, conclúe.

 

Mellor Local, Mellor Galego, no Castrillón, na Coruña toda!