INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O PLENO DO 13D

Unha moción para implantar carrís VAO na Vedra e na Ponte Pasaxe e para o Goberno Local esclarecer a súa posicion sobre a pasarela

Avia Veira transporte urbano bus.
A concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro martes unha moción sobre mobilidade metropolitana con dúas ideas básicas: que se priorice o transporte público –habilitando por exemplo carrís VAO na reforma da Vedra e na ampliación da Ponte Pasaxe- e que o Goberno Local esclareza de vez cal é a súa posición sobre o proxecto da Xunta de unir As Xubias con Santa Cristina.
Unha moción para implantar carrís VAO na Vedra e na Ponte Pasaxe e para o Goberno Local esclarecer a súa posicion sobre a pasarela

“Para o BNG non ten sentido esa pasarela. Hai que fomentar outros medios de transporte colectivo. E realmente non entendemos a postura, ou máis ben falta de postura, do Goberno Local da Coruña”, afirma Avia Veira.

En concreto, por medio da moción úrxese o Goberno Local a “formular diante do Goberno do Estado a necesidade de implantar carrís VAO [Vía de Alta Ocupación] nas reformas da Avenida da Vedra e na Ponte Pasaxe”. Eses carrís serían para o uso exclusivo do transporte público. “Se non se contemplan medidas de fomento do transporte público, será complicado rebaixar as cifras de 120 mil vehículos diarios na Avenida da Vedra e de 90.000 vehículos diarios pola Ponte Pasaxe”, alerta Veira.

O transporte público actualmente non aforra considerábeis perda de tempo ás veciñas da contorna urbana da Coruña, “pois sofren do mesmo xeito as retencións que as persoas que utilizan o coche particular”. Por tanto, é preciso dotar Avenida da Vedra e a Ponte Pasaxe de vías de circulación para os autobuses.

Os proxectos de reforma da Vedra e da Ponte Pasaxe incorporan medios de transporte brando como o peonil e o ciclista, un avance que o BNG saúda, mais, salienta a concelleira nacionalista, “é notábel a ausencia no debate sobre estas infraestruturas da necesidade de contemplar os medios de transporte público colectivo”.

A concelleira nacionalista critica tamén “a ausencia notoria de coordinación e diálogo entre as institucións” implicadas no deseño das propostas de mellora da mobilidade metropolitana e canto ao Concello da Coruña lamenta a súa ambigüidade a respecto da proposta de construción dunha pasarela a Santa Cristina.

 

Unha moción para implantar carrís VAO na Vedra e na Ponte Pasaxe e para o Goberno Local esclarecer a súa posicion sobre a pasarela