Novas
Jorquera con Lage. Pleno Decembro 2022

"Este é o goberno do diálogo? Con quen?"

“Este é o goberno do diálogo? Con quen?”, así reza a pregunta oral que o voceiro do BNG e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, vai dirixir ao Executivo coruñés no Pleno do vindeiro xoves 2 de marzo.
Ler novas
Fonte de Santo Amaro 2

Avia Veira pide que se protexa a Fonte do Picho ante un proxecto urbanizador de Santo Amaro que nega a súa existencia

Sendo que o estudo de impacto cultural feito polos promotores da urbanización de Santo Amaro nega a evidencia –afirma que non existen restos da Fonte do Picho, cando a auga continúa a aflorar á superficie-, a concelleira do BNG Avia Veira pídelle ao Goberno Local que o Concello elabore informes propios con vistas a protexer o patrimonio cultural e natural desta área da cidade.
Ler novas
Jorquera co patrón maior da Confraría, Felipe Canosa. Protesta pola regulación da UE que afecta a frota artesanal galega.

"Non concebimos o futuro do porto sen unha potente actividade pesqueira"

Ante os novos recortes ditados pola UE contra a frota de arrastre galega -que afectaría 24 barcos do porto da Coruña-, o Goberno galego debe asumir un papel de liderado, unir o sector e impulsar unha "resposta de país" "en defensa da pesca", considera o portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera.
Ler novas
20230222_110212

Un equipo para impulsar A Coruña, chamado a gobernar a cidade

Un equipo para lle dar á Coruña o impulso que a cidade precisa. Para A Coruña desenvolver toda a súa potencialidade. Para a enorme forza que ten esta cidade achar no Goberno Local un aliado. Iso é o que presentou esta mañá ante os medios quen lidera ese equipo, o noso candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera.
Ler novas