Novas
André Laxe, grupo de barrio do BNG de Monte Alto. Tributo a Pedro Galán Calvete. 23 de setembro de 2023.

A memoria cargada de futuro de Pedro Galán Calvete

Como vén sendo tradición, o BNG rendeu este sábado homenaxe a Pedro Galán Calvete, un mozo de 19 anos que foi asasinado en setembro de 1936 polo seu ideario antifascista e galeguista e polo seu grande activismo político -secretario de Organización das Mocidades Galeguistas- e social -desde a directiva dunha entidade tan emblemática da cidade como o Clube do Mar.
Ler novas
Vídeo
O BNG propón un Plan Local de Saúde Pública para frear o aumento das drogadiccións

O BNG propón un Plan Local de Saúde Pública para frear o aumento das drogadiccións

No primeiro Pleno ordinario do mandato 2023-2027, o concelleiro David Soto defendeu unha moción en virtude da cal o BNG propón a elaboración desde o Concello dun Plan Local de Saúde Pública como ferramenta para frear o aumento das drogadiccións na nosa cidade.

Un plan que, remarcou Soto, leve a cabo unha investigación extensa e empírica das actitudes fronte o consumo, do coñecemento dos riscos e dos hábitos de consumo na nosa cidade; un plan que sirva para mellorar o traballo de prevención; un plan que garanta un tratamento eficaz, "financiando con suficiencia ás entidades que levan a cabo ese labor arduo, mais tamén necesario e profundamente humano de rehabilitar a quen ten unha enfermidade estigmatizante".

A iniciativa foi aprobada por unanimidade.

Ler novas
Vídeo
Veira denuncia os incumprimentos das ordenanzas de terrazas e ruídos

Veira denuncia os incumprimentos das ordenanzas de terrazas e ruídos

Algúns deses incumprimentos -criticou Veira na súa intervención no primeiro Pleno ordinario do mandato, realizado o 7 de setembro- teñen mesmo como protagonista o Goberno Local ao organizar festivais de música cun volume de decibelios moi por enriba da norma.

Na súa resposta, o portavoz do Goberno Local -que predicibelmente negou os incumprimentos- anunciou unha nova Ordenanza de Terrazas, neste momento non se están a garantir principios básicos como a accesibilidade universal ou o paso dos vehículos de emerxencia- para 2024.

Ler novas
Vídeo
Queixas denuncia a falta de compromiso do Goberno Local coa Feira do Libro

Queixas denuncia a falta de compromiso do Goberno Local coa Feira do Libro

No primeiro Pleno ordinario do mandato 2023-2027 -realizado este 7 de setembro-, a concelleira do BNG Mercedes Queixas denunciou o insuficiente apoio do Goberno Local á Feira do Libro.

Tan insuficiente que o Executivo presidido por Inés Rey faltou ao seu compromiso e deixou de asinar o convenio anunciado coa Federación de Librarías de Galiza.

A súa achega, 15 mil euros, foi notoriamente inferior ao previsto inicialmente no convenio (50 mil), o que, claro está, impediu que a Feira -a pesar de todo, un suceso de público e vendas_ desenvolvese todo o seu potencial.

Ler novas