UNHA PERSOA CAEU O 18F E A AMBULANCIA NON PUIDO ACCEDER AO LUGAR

Unha iniciativa para garantir a mobilidade peonil no acceso ao Centro Cívico dos Mallos

centro-civico-municipal-de-os-mallos_img179267t0
Aspecto da entrada principal do Centro Cívico dos Mallos
A concelleira do BNG Mercedes Queixas vaise dirixir ao Goberno Local, no Pleno do vindeiro xoves 7M, para lle pedir que se repoña a sinalización que prohibe aparcar na zona central do acceso ao Centro Cívico dos Mallos.
Unha iniciativa para garantir a mobilidade peonil no acceso ao Centro Cívico dos Mallos

Na exposición de motivos do rogo oral que lerá Queixas no Pleno, a concelleira salienta que durante a xornada electoral do pasado 18 de febreiro “unha persoa caeu na entrada do Centro Cívico e a ambulancia non puido chegar até ela para atendela”.

O sinal que prohibía aparcar na zona central do acceso -si se permite estacionar nos laterais- desapareceu hai tempo sen que o Goberno Local o repuxera até o de agora a pesar das reiteradas demandas veciñais.

“Cómpre que se repoña para garantir a mobilidade e a seguranza peonil e, por suposto, para permitir que as ambulancias accedan sen problemas e non se repitan sucesos como o do día 18 de febreiro”, remarca Mercedes Queixas.

Estamos a falar dun equipamento, o Centro Cívico, moi importante para o barrio dos Mallos, que rexistra unha intensa actividade e unha grande afluencia de persoas cuxa mobilidade se ve entorpecida polo uso indebido como aparcadoiro da zona central de acceso.

 

 

Unha iniciativa para garantir a mobilidade peonil no acceso ao Centro Cívico dos Mallos