Novas
Entrada de urxencias do CHUAC

A torpe, atropelada e irregular tramitación dun "hospital cortina de fume"

Ante a recente sentenza que declara nulo o informe a partir do cal o Sergas optou por ubicar o novo hospital onde se atopa o actual -en realidade, estaríamos a falar dunha ampliación-, a concelleira do BNG Avia Veira pon en destaque que “a Xunta nin cumpre os prazos de construción dun novo hospital nin atende as necesidades da Coruña en materia sanitaria e nomeadamente aquelas que teñen a ver co reforzo da atención primaria”.
Ler novas
San Diego

Coñece o Goberno Local a deterioración que sofren as instalacións do Complexo Deportivo de San Diego?

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, dirixe un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local para saber se é consciente da deterioración que sofren as instalacións do Complexo Deportivo de San Diego, “con graves déficits de mantemento que afectan múltiples elementos”, desde “teitos de vestiarios caídos” até máquinas de ximnasio “obsoletas”.
Ler novas
Enreixado Cidade Deportiva Arsenio Iglesias

O estado lamentábel do enreixado da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, un perigo para as miles de persoas usuarias

O enreixado -os peches e valados- que delimita a Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias atópase nun “lamentábel estado”, enferruxados e mesmo con algúns elementos soltos que “se poden apañar coas mans”, o que evidentemente constitúe un “auténtico perigo” para os milleiros de usuarios das instalacións e tamén as persoas que transitan pola contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade.
Ler novas
Vídeo
Avia Veira rende tributo a veciñanza de Elviña atinxida polo Ofimático

Avia Veira rende tributo a veciñanza de Elviña atinxida polo Ofimático

#NoPlenoOutubro.

Xs veciñxs de Elviña atinxidos polo Ofimático albiscan felizmente o fin do pesadelo e Avia Veira réndelles tributo: "Esta é a historia dunha cidadanía que defendeu as súas casas, a súa forma de vida, os seus dereitos, dun xeito exemplar".

O BNG votou a prol da ratificación do convenio mixto do planeamento e execución para os efectos de estudar a nova ordenación da marxe dereita do sector 10 do Parque Ofimático.

O convenio conta co apoio das veciñas e veciños, razón pola que o BNG opta por o votar a favor, e permítelles manteren as súas casas, o principal obxectivo desta loita cidadá. No en tanto, non fican exentos das cotas de urbanización.

#ElviñaNonSeVende.

Ler novas
Grupo municipal BNG no Pleno Outubro

O Pleno do outubro aproba por unanimidade tres mocións do BNG

O Pleno de outubro do Concello da Coruña aprobou por unanimidade tres mocións do BNG: as referidas á mellora das pensións para os profesionais da avogacía e a procuradoría, ao reforzo do servizo de recollida do lixo e á abordaxe dos problemas de mobilidade que sofren os miles de persoas que traballan no Polígono de Agrela.
Ler novas