REPARTO DE MATERIAL INFORMATIVO CON GALIZA NOVA

Queixas, no campus da UDC: "O noso obxectivo, que a mocidade que emigrou volte ao país"

Reparto material informativo Mercedes Queixas UDC
Un momento do reparto informativo
A número dous da candidatura do BNG por A Coruña, Mercedes Queixas, achegouse esta mañá ao campus de Elviña para repartir material informativo de campaña á xente moza que cursa os seus estudos na UDC.
Queixas, no campus da UDC: "O noso obxectivo, que a mocidade que emigrou volte ao país"

A número dous da candidatura do BNG por A Coruña, Mercedes Queixas, achegouse esta mañá ao campus de Elviña para repartir material informativo de campaña á xente moza que cursa os seus estudos na UDC.

“Durante os seus 15 anos de goberno ininterrompidos á fronte da Xunta, o PP ignorou a mocidade galega, as súas arelas e as súas demandas. Vímolo no debate da CRTVG. Que propostas puxo Rueda sobre mesa para darlle futuro á mocidade galega? Ningunha”, afirmou Queixas, quen estivo acompañada por Iria Taibo, número 8 da candidatura, e David Soto, profesor da facultade de dereito da UDC e concelleiro do BNG.

As únicas portas que durante estes 15 anos lle abriu o PP ás mozas e aos mozos “foron a precariedade e a emigración. 200.000 mozas e mozas están fóra de Galiza ante a imposibilidade de desenvolver no País un proxecto de vida e de traballo en condicións dignas”.

En contraste coa nula xestión do PP, o programa de goberno do BNG “conta con propostas integrais, coordenadas e transversais en que se implicará o conxunto do Executivo, todas as áreas do goberno galego”.

Entre o feixe de propostas do programa nacionalista, Queixas destacou dúas: a aprobación dunha nova Lei de Mocidade -que terá como piar fundamental a participación directa das mozas e dos mozos no deseño, na execución e na avaliación das políticas xuvenís da Xunta- e un Plan Retorna para a mocidade emigrada. “No BNG confiamos na mocidade e imos investir nela. Son o futuro do País e constitúen o mellor activo de que dispomos como país”, remarcou.

 

 

Queixas, no campus da UDC: "O noso obxectivo, que a mocidade que emigrou volte ao país"