O BNG, sobre os murais de Urbano Lugrís: "A Xunta rectifica in extremis, ante o risco de que caian en mans privadas a prezo de saldo"

Mercedes Queixas a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís
Mercedes Queixas, no Parlamento galego a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís
A concelleira do BNG e deputada electa Mercedes Queixas celebra que a Xunta e o Concello da Coruña “rectifiquen por fin” e asuman as súas responsabilidades na protección dos murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos.
O BNG, sobre os murais de Urbano Lugrís: "A Xunta rectifica in extremis, ante o risco de que caian en mans privadas a prezo de saldo"

“Se rectifican é grazas á presión social e tamén ao traballo político do BNG”, sinala.

“Até agora perderon o tempo nunha confrontación estéril, nun pasarse a responsabilidade os uns aos outros, mentres a obra de Urbano Lugrís se ía deteriorando a pasos axigantados, con grave risco para a súa integridade”, denuncia Queixas. “Dúas administracións cómplices no abandono dun patrimonio cultural colectivo”, engade.

Lembra Queixas que o BNG levou, en varias ocasións, a declaración dos murais como BIC ao Parlamento galego. E sempre bateu coa oposición dun PP que argumentaba que xa estaban suficientemente protexidos ao faceren parte do catálogo do PXOM e do PEPRI da Cidade Vella e a Pescaría. “Agora por fin rectifican e fano in extremis, a última hora, ante o risco de que caian en mans privadas, mal vendidos a prezo de saldo”, remarca.

En todo caso, avanza, o BNG “continuará a reclamara a protección do BIB par o conxunto da obra dun autor único”.

 

 

O BNG, sobre os murais de Urbano Lugrís: "A Xunta rectifica in extremis, ante o risco de que caian en mans privadas a prezo de saldo"