Imprimir unha mudanza de rumbo á política cultural despregada polo Executivo coruñés é o cerne da moción do BNG que o #PlenoSetembro do xoves 12S aprobou por unanimidade.
A iniciativa defendeuna a concelleira Mercedes Queixas e por medio dela o BNG advogaba por que non se descargase no sector cultural coruñés todo o peso das rebaixas orzamentarias do IMCE, que son o produto da súa desastrosa xestión.
Dar protagonismo ás creadoras e creadores da casa, que non se vexan discriminados a respecto dos foráneos, e nese sentido encher de contido o Consello Municipal da Cultura é a proposta básica dunha moción que no seu capítulo dispositivo empraza o Goberno Local a:
1.-Impulsar o Consello Municipal da Cultura co fin de cumprir coa súa finalidade primeira que é a de promover a participación cidadá e canalizar as propostas e inquedanzas das persoas e entidades con presenza na vida cultural da nosa cidade.
2.-Iniciar un proceso de diálogo co sector profesional e creativo da cultura local para facelo partícipe da planificación cultural da cidade.
3.-Convocar as direccións dos espazos culturais que carecen dela como o Fórum, o Ágora, o Teatro Colón, as Bibliotecas Municipais e as Casas Museo.
4.-Executar as obras comprometidas para os espazos culturais recollidas nos orzamentos municipais para 2024 e planificar os investimentos necesarios para os demais espazos culturais da cidade.
5.-Cumprir o compromiso adquirido de recoñecer as salas de concerto e de teatro privadas como Espazos de Interese Cultural e Turístico da cidade da Coruña.
6.-Recuperar o investimento en programación destinada a público infantil e xuvenil como o Festival de Monicreques de Nadal, a Ruada das Xoubas, o Festival Manicómicos, o ciclo Todopúblico e Bebescena, o ciclo Ilusiooónh! Ou o Festival de danza Quincegotas.
7.-Cumprir coas partidas orzamentarias recollidas para 2024 dirixidas a apoiar os creadores e creadoras locais