Nas súas alegacións, o BNG demanda que os polígonos de Gingko estean afectados pola modificación do PXOM e que esta se tramite até o final

Conferencia de prensa Avia Veira convenio As Xubias
Avia Veira xa anunciara en conferencia de prensa a presentación das alegacións
O BNG acaba de rexistrar as súas alegacións -que achegamos en documento anexo- ao convenio asinado entre o Concello e o fondo de investimento suízo Gingko para a transformación urbana das Xubias.
Nas súas alegacións, o BNG demanda que os polígonos de Gingko estean afectados pola modificación do PXOM e que esta se tramite até o final

 

O BNG pide que non se exclúan os polígonos RB1, RB2 e RB3 da modificación puntual do PXOM -que rebaixa substancialmente a edificabilidade en todo o ámbito- e que esa mudanza do planeamento -aprobada en marzo de 2022 e xa sometida á avaliación ambiental estratéxica por parte da Uxnta- se tramite até o final, isto é, que se leve ao Pleno para a súa aprobación e entrada en vigor.

O BNG alega o convenio para que Gingko non teña a potestade de contestar as alegacións que eventualmente se formulen ao Plan Especial que se comprometeu a elaborar, senón que isto o faga o Concello.

De resto, o BNG pide que se volva pór o convenio a exposición pública pois nel non se contén unha información moi relevante, a que atinxe ao acordo entre Land Company (antiga propietaria de Esteleiros Valiña) e o Concello, ao constituír un dato imprescindíbel para saber que se vai facer nese polígono.

Por último, o grupo municipal do BNG alega o convenio para que se elimine calquera referencia á transformación dos camiños de ferro que percorren As Xubias nun paseo.

Nas súas alegacións, o BNG demanda que os polígonos de Gingko estean afectados pola modificación do PXOM e que esta se tramite até o final