Novas

A instancias do BNG, o Pleno aproba suspender o convenio con Gingko

O convenio con Gingko asinado polo Goberno Local só beneficia os intereses deste fondo de investimento suízo, argumentou a nosa concelleira Avia Veira no #PlenoSetembro.

O Pleno da Corporación aprobou a moción defendida por Veira na que se demandaba a suspensión do convenio e a conclusión da tramitación da modificación puntual do PXOM que rebaixa moi sustancialmente a edificabalidade nese ámbito.

A moción do BNG tivo o apoio do PP e foi votada en contra polo PSOE.

A instancias do BNG, o Pleno aproba suspender o convenio con Gingko