Novas
Se é unha "prioridade" nomear a Xerencia do Consorcio de Turismo, por que 13 meses despois aínda non foi designada?
13/mar./2025
Na sesión do #PlenoMarzo xa máis puramente de control ao Goberno Local -a das preguntas orais- e interpelado polo noso edil David Soto, o concelleiro de Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, xulgou como “unha prioridade” o nomeamento dunha persoa para ocupar a Xerencia do Consorcio de Turismo, mais non deu explicado por que esa praza fica vacante trece meses despois da renuncia do seu último titular.