O #PLENOMARZO APROBA AS TRES MOCIÓNS DO BNG

Por iniciativa do BNG, o Pleno aproba crear unha comisión para facer seguimento da licitación do novo Nostián

<p>Grupo municipal do BNG Pleno marzo de 2025.</p>

<p>&nbsp;</p>
O grupo municipal, a piques de acceder ao salón de sesións
Por iniciativa do BNG, o Pleno do Concello aprobou a constitución dunha comisión que fará seguimento da licitación do novo contrato da planta de tratamento e eliminación dos residuos sólidos urbanos de Nostián, unha concesión que rematou en decembro de 2019.
Por iniciativa do BNG, o Pleno aproba crear unha comisión para facer seguimento da licitación do novo Nostián

Foi a través dunha emenda a unha moción do PP formulada polo noso portavoz Francisco Jorquera e posteriormente transaccionada co grupo socialista a que insta o Goberno Local a que non só constitúa esa comisión, senón a que tamén se licite á maior brevidade o novo contrato, garantindo que Nostián se converta efectivamente nunha verdadeira planta de reciclaxe e compostaxe.

Para o BNG, a moción do PP responde a unha clara política dirixida a “pór paus nas rodas a Nostián”. “Saben que o Pleno non ten a potestade de anular o acordo transaccional con Urbaser. Saben que ese acordo transaccional, para que poida prosperar, require homologación xudicial”, engadiu.

Homologación xudicial que xa existe, segundo revelou na súa intervención o portavoz do Goberno Local. E é que o xuíz tería garantido que o acordo extraxudicial “non sexa lesivo para o interese público”, co que a moción do PP ficaría claramente desautorizada.

“Chegaron a falar vostedes que se condonaban a Urbaser máis de 7 millóns de euros. Sorpréndenos que o digan vostedes cando, en troca, lles parece pouco unha condonación da máis de 4 mil millóns de euros da débeda contraída pola Xunta”, argüíu Jorquera.

As mocións do BNG

Canto ás mocións formuladas polo BNG, o Pleno prestoulles o seu apoio. Dúas delas -a do reforzamento do servizo de Correos na cidade e a da situación dos polideportivos dependentes da Xunta- por unanimidade. A terceira, a relativa ao apoio ao proxecto “A Coruña Pública” -a cartografía de todos os bens públicos existentes na nosa urbe- foi votada favorabelmente polo grupo socialista e en contra polo do PP.

 

Por iniciativa do BNG, o Pleno aproba crear unha comisión para facer seguimento da licitación do novo Nostián