NO #PLENOMARZO, JORQUERA DEFENDE UN MODELO DE ÉXITO QUER NO AMBIENTAL QUER NO ÁMBITO DA INCLUSIÓN SOCIAL
Se o Goberno Local quixer, o convenio con Mulleres Colleiteiras é perfectamente prorrogábel
Mulleres Colleiteiras ten un grande interese medioambiental, ao dar aproveitamento a recursos xa utilizados e evitar a xeración de residuos. Mais ao mesmo tempo é un exemplo de emprendemento e empoderamento feminino, protagonizado por mulleres ciganas que vivían en situacións de exclusión social”, afirmou.
Jorquera puxo a énfase en que o Goberno Local pon en perigo este modelo ao barallar a hipótese de non prorrogar o convenio e de licitar este concurso. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, deu por feito a non renovación e alegou que a licitación vén obrigada pola lexislación.
O BNG, en troca, nega a maior: “Non hai razón legal que fundamente a non renovación. A lei estatal permite transformar o actual convenio nun contrato con Mulleres Colleiteiras para que continúen a prestar este servizo, sendo que non hai contraprestación económica”, concluíu.