impostos
Novas
Exterior do mercado de Santo Agostiño

Que pasou cos recibos da taxa dos mercados?

Preguntámoslle ao Goberno municipal polo retraso na notificación do recibo de pagamento da taxa trimestral dos postos de mercados municipais

Presentamos esta maña unha iniciativa despois de que as praceiras e os praceiros dos mercados municipais nos trasladaran as súas queixas a respecto de cando se lles entregou este trimestre a notificación de pagamento das taxas xa que se recibiu o mesmo día, ás 13.00 h, escasamente unha hora antes do seu vencemento

É deber de todo cidadán aboar os impostos e taxas que lle correspondan mais entendemos que a administración municipal debería ter coidado nas notificacións de pagamento que remite á cidadanía comprobando e sendo dilixentes para que estas sexan realizadas en tempo e forma. Máxime neste caso, no que no momento en que se paguen as taxas isto vaise facer con recargo. E tendo en conta que moitas das persoas afectadas están soas no seu posto de traballo, polo que achegarse a facer un pagamento con tanta urxencia e presa foilles imposíbel

Ler novas
Novas
Edificio municipal da rúa da franxa onde están os servizos tributarios do Concello da Coruña

Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?

Preguntaremos no próximo Pleno sobre as demoras na notificación do IBI deste ano

A administración municipal debería ter tido especial sensibilidade e coidado nas notificacións de pagamento do IBI deste ano, tendo en conta que o calendario foi modificado producíndose un adiantamento na axenda de abono voluntario

Queremos que o Executivo detalle que medidas se tomaron para facer chegar a tempo as notificacións cando xa quedou demostrado que unha parte delas non foron remitidas a tempo. É por iso que demandamos explicacións do por que se produciu este desfase, así como queremos que se nos indiquen as incidencias recollidas polo servizo tributario a respecto das persoas contribuíntes que fixeron constar que recibiron tarde ou mesmo non recibiron a notificación de pagamento do IBI

Ler novas