O PP non conxela os impostos, fixa nova tarifas para servizos que xa viña prestando o Concello
A Coruña, 30 de setembro de 2013.- Malia as présas do Goberno Municipal por tramitar as ordenanzas fiscais para o ano 2014 (como sinala o Ditame do Tribunal Económico Administrativo Municipal por lo que es excesivamente breve el plazo de estudio del texto que se somete a este Tribunal por lo que el Dictamen no puede ser detallado como sería de desear), a modificación aprobada inicialmente na Xunta de Goberno Local Extraordinaria no día de hoxe falta á verdade cando desde o Goberno municipal se sinala que os impostos se conxelan por terceiro ano consecutivo.
E é que, subliñan as nacionalistas, nin nas ordenanzas fiscais do ano 2012 ( por exemplo o IBI e o imposto municipal do valor dos terreos de natureza urbano non se tiñan en conta bonificacións para reducirlle as contías ás familias numerosas, as persoas con discapacidade, as parellas de feito e as persoas titulares de terreos urbanos que carecen de dotacións e servizos de auga e saneamento e de inmóbeis que apostan polo enerxía solar), nin nas ordenanzas fiscais do ano 2013 (por exemplo a suba da auga e do IBI), se conxelaron as ordenanzas fiscais, como tampouco as que hoxe foron aprobadas para o ano 2014, xa que se van estabelecer novas tarifas por servizos que non son realmente novidosos e que xa se estaban a prestar, recargando, en consecuencia, aínda máis na cidadanía.
Alén disto, cómpre sinalar, salientan as nacionalistas, que por terceiro ano consecutivo son os colectivos que máis padecen a crise e as familias numerosas os esquecidos dos novos impostos municipais ao teren que pagar igual e sen lles aplicar criterios de xustiza social.
Por último, o Grupo municipal do BNG salienta que, por terceiro ano consecutivo, as coruñesas e os coruñeses van ter que pagar por un servizo público, o de tratamento do lixo, que van ter que pagar malia que en Nostián non se trata nin se recicla o lixo por parte da concesionaria.