MERCADOS MUNICIPAIS

Que pasou cos recibos da taxa dos mercados?

Exterior do mercado de Santo Agostiño
Exterior do mercado de Santo Agostiño

Preguntámoslle ao Goberno municipal polo retraso na notificación do recibo de pagamento da taxa trimestral dos postos de mercados municipais

Presentamos esta maña unha iniciativa despois de que as praceiras e os praceiros dos mercados municipais nos trasladaran as súas queixas a respecto de cando se lles entregou este trimestre a notificación de pagamento das taxas xa que se recibiu o mesmo día, ás 13.00 h, escasamente unha hora antes do seu vencemento

É deber de todo cidadán aboar os impostos e taxas que lle correspondan mais entendemos que a administración municipal debería ter coidado nas notificacións de pagamento que remite á cidadanía comprobando e sendo dilixentes para que estas sexan realizadas en tempo e forma. Máxime neste caso, no que no momento en que se paguen as taxas isto vaise facer con recargo. E tendo en conta que moitas das persoas afectadas están soas no seu posto de traballo, polo que achegarse a facer un pagamento con tanta urxencia e presa foilles imposíbel

Que pasou cos recibos da taxa dos mercados?

Vimos de presentar unha iniciativa esta mañá (podes descargala premendo aquí) na que solicitamos do goberno municipal aclaracións de por que foi remitida con retraso a notificación de pagamento da taxa trimestral dos postos de mercados municipais, xusto no mesmo día do cumprimento do prazo paro o seu abono.

E é que advertidos polos propios praceiros e praceiras que nos trasladaron as súas queixas, tivemos coñecemento de que esta notificación se realizou escasamente a unha hora do seu vencemento, facendo imposíbel en moitos casos o seu abono.

Non é a primeira vez que o Goberno municipal actúa deste xeito á hora de emitir as notificacións de pagamento das taxas municipais xa que logo, en decembro do ano pasado, denunciabamos unha situación similar a respecto das notificación remitidas, á aquela altura, co pagamento do IBI, logo de que numerosa veciñanza denunciara a demora na recepción, ou mesmo non ter chegado a recibir, os recibos do Imposto Bens Inmóbeis de 2017.

Existe un agravante neste caso xa que no momento da notificación, e con tan pouco tempo de aviso, as persoas estaban traballando, o que lles obrigaba a desatender as súas tarefas para achegarse de inmediato ou ás oficinas municipais da Franxa ou a calquera entidade bancaria para facer efectivo o pagamento.

É deber de todo cidadán aboar os impostos e taxas que lle correspondan mais entendemos que a administración municipal debería ter coidado nas notificacións de pagamento que remite á cidadanía comprobando e sendo dilixentes para que estas sexan realizadas en tempo e forma. Máxime neste caso, no que no momento en que se paguen as taxas isto vaise facer con recargo. E tendo en conta que moitas das persoas afectadas están soas no seu posto de traballo, polo que achegarse a facer un pagamento con tanta urxencia e presa foilles imposíbel.

Así, exiximos do Goberno municipal explicacións dos motivos existentes para que chegasen o último día os recibos de pagamento das taxas trimestrais dos mercados municipais, e preguntámoslle que medidas vai tomar para que non se volva producir esta situación, e xa que logo foi responsabilidade da Administración local o retraso na recepción do recibo de pagamento da taxa, tamén queremos que se aclare se se vai cobrar ás praceiras e aos praceiros o recargo por tardanza no pagamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2018.

 

Noticias relacionadas:

Que pasou cos recibos da taxa dos mercados?