IBI

Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?

Edificio municipal da rúa da franxa onde están os servizos tributarios do Concello da Coruña
Edificio municipal da rúa da Franxa onde están os servizos tributarios do Concello da Coruña

Preguntaremos no próximo Pleno sobre as demoras na notificación do IBI deste ano

A administración municipal debería ter tido especial sensibilidade e coidado nas notificacións de pagamento do IBI deste ano, tendo en conta que o calendario foi modificado producíndose un adiantamento na axenda de abono voluntario

Queremos que o Executivo detalle que medidas se tomaron para facer chegar a tempo as notificacións cando xa quedou demostrado que unha parte delas non foron remitidas a tempo. É por iso que demandamos explicacións do por que se produciu este desfase, así como queremos que se nos indiquen as incidencias recollidas polo servizo tributario a respecto das persoas contribuíntes que fixeron constar que recibiron tarde ou mesmo non recibiron a notificación de pagamento do IBI

Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?

Levaremos a Pleno ordinario de xaneiro as queixas que nos trasladou numerosa veciñanza a respecto da demora na recepción, ou mesmo non ter chegado a recibir, os recibos do Imposto Bens Inmóbeis deste ano, sobre todo tendo en conta a modificación no curso actual do calendario de pagamento voluntario.

Deste xeito, e a través dunha batería de preguntas para a súa resposta por escrito (que podes descargar aquí), queremos que o Goberno municipal aclare que medidas se tomaron para facer chegar a tempo as notificacións cando xa quedou demostrado que unha parte delas non foron remitidas a tempo.

Asemade o tamén demandaremos explicacións do por que se produciu este desfase, así como que se indiquen as incidencias recollidas polo servizo tributario a respecto das persoas contribuíntes que fixeron constar que recibiron tarde ou mesmo non recibiron a notificación de pagamento do IBI.

Entendemos que a administración municipal debería ter tido especial sensibilidade e coidado nas notificacións de pagamento do IBI deste ano, tendo en conta que o calendario foi modificado producíndose un adiantamento na axenda de abono voluntario.

Por último queremos que o Executivo da Marea avance, debido ás numerosas incidencias detectadas este ano, se ten pensado o tomar algunha medida adicional para o ano 2018 para tentar impedir as situacións no desfase temporal das notificacións e se ten pensado tomar algunha resolución a respecto para coas persoas que recibiron fora de prazo a notificación, ou que mesmo non a recibiron.

A Coruña, 20 de decembro de 2017.

Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?