Fundación Luís Seoane
Vídeo
Sen rastros do novo concurso na Luís Seoane

Sen rastros do novo concurso na Luís Seoane

En novembro de 2025, a alcaldesa anunciou un novo concurso na Fundación Luís Seoane, após o fiasco do anterior. En novembro!

Xa logo estamos a finais de febreiro e nin rastro dese novo concurso nin da convocatoria do Padroado da Fundación.

Eis un fragmento da intervención da nosa deputada Mercedes Queixas no #PlenoFebreiro.

Ler novas
Novas
Edificio sede Fundación Luís Seoane

O BNG celebra que se vaia repetir o concurso para escoller a dirección da Luís Seoane e sinala as responsabilidades da alcaldesa

O grupo municipal do BNG celebra que se vaia repetir o proceso de escolla da dirección da Fundación Luís Seoane, procedemento que no seu momento consideramos cheo de defectos, o que levou a nosa concelleira Mercedes Queixas a formular unha pregunta por escrito e a solicitar acceso ao expediente do concurso, algo que non nos foi concedido.
Ler novas