IMPÚLSAAS MERCEDES QUEIXAS
Rexistramos iniciativas sobre a selección da dirección na Fundación Luís Seoane
Queixas formúlalle dúas cuestións ao Goberno Local após constatar que na web da fundación se publica unha información “incompleta”, o que non permitiría “coñecer a totalidade do procedemento con plena transparencia”.
En concreto, Queixas quere saber por que na listaxe de persoas admitidas no concurso e nas súas puntuacións “non se recollen as relativas aos epígrafes de ‘Plan de actuación e entrevista’ e ‘Proba de coñecemento’”.
Igualmente, a concelleira nacionalista pregúntalle ao Goberno Local por que razón non se recolleu nas bases da convocatoria do concurso o prazo de reclamacións e/ou alegacións.
Completa as iniciativas de Queixas neste asunto a petición de acceso ao expediente do proceso, incluída a documentación xustificativa dos méritos de cada persoa solicitante e as propostas de plan de actuación, ben como tamén as actas da Comisión de Valoración.