UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O #PLENOFEBREIRO DO 2F

Sabe Inés Rey cal é o seu rol á fronte da Fundación Luís Seoane?

Edificio sede Fundación Luís Seoane
A concelleira do BNG Avia Veira vaille dirixir unha pregunta oral ao Executivo coruñés, no Pleno de mañá, sobre a situación creada na Fundación Luís Seoane após a dimisión de Xavier Seoane como membro do seu Padroado.
Sabe Inés Rey cal é o seu rol á fronte da Fundación Luís Seoane?

“Ante esa dimisión, o Goberno Local non reaccionou de ningunha maneira e iso preocúpanos. Queremos saber se o Goberno Local entende ben cal pode ser o seu papel á hora de desenvolver todas as potencialidades, que para o BNG son moitísimas, da Fundación Luís Seoane”, di Veira.

A concelleira pon o foco no rol da alcaldesa. “Non parece que a presunta concelleira de Cultura” –di en alusión a que Inés Rey asumiu as competencias nesa materia- “entenda ben cal é o seu papel á fronta da Fundación Luís Seoane”.

Salienta Veira que o Pleno do Concello aprobou en febreiro de 2021, e por unanimidade, unha moción do BNG para potenciar a fundación. “Infelizmente non se cumpriu”, apunta.

A iniciativa procuraba que o Goberno Local traballase “man a man” co Padroado da FLS para definir un proxecto museístico e converter a fundación  nun centro referencial da arte contemporánea galega, alén de pór en valor o legado e a obra do xenial artista nado en Bos Aires “como elemento de atracción cultural da nosa cidade e ferramenta para a proxección da Coruña no campo das artes plásticas”. “Vemos como máis unha vez”, subliña, “o Goberno Local non executa acordos adoptados polo Pleno por unanimidade”.

Non parece que a presunta concelleira de Cultura” –di Avia Veira en alusión a que Inés Rey asumiu as competencias nesa materia- “entenda ben cal é o seu papel á fronte da Fundación Luís Seoane”.

A inacción do Executivo coruñés en relación á fundación non deixa de ser máis que un espello da orientación da súa política cultural, entende Veira. “O Goberno Local só pensa nos macroeventos, pero non mira para o talento quevive e crea na Coruña, non mira para a potencia das infraestruturas e as entidades culturais de que dispomos, a fundación entre elas, ou para o tecido cultural de base”.

“Agardamos que o esta pregunta oral faga que a alcaldesa reaccione e asuma as súas obrigas como presuntamente concelleira de Cultura e presidenta do padroado da Fundación Luís Seoane”, conclúe Veira.

 

Sabe Inés Rey cal é o seu rol á fronte da Fundación Luís Seoane?