O BNG PÍDELLE QUE RECONSIDERE A DECISIÓN

Inés Rey abandona a presidencia da Luís Seoane, o que mostra o seu escaso compromiso persoal cunha institución central da cidade

<p>Padroado da Fundación Luís Seoane, coa anulación do concurso para o nomeamento dunha dirección substituta na orde do día.</p>

<p>&nbsp;</p>
Imaxe do último Padroado, en que, como se ve, Inés Rey se abstivo de estar
Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe delegar a presidencia da Fundación Luís Seoane (FLS) o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Inés Rey abandona a presidencia da Luís Seoane, o que mostra o seu escaso compromiso persoal cunha institución central da cidade

Isto significa o abandono da presidencia por parte da alcaldesa. O grupo municipal do BNG quere expresar a súa discrepancia a respecto desta decisión coa que, baixo o noso punto de vista, a alcaldesa mostra o seu escaso compromiso persoal cunha institución central do tecido cultural da nosa cidade.

A Fundación Luís Seoane non pasa polos seus mellores momentos, despois de a polémica salpicar o concurso para a elección da súa dirección. Unha polémica que concluíu coa renuncia da persoa elixida nun proceso que o BNG e profesionais do sector viron viciado de irregularidades formais, até o punto de que se tivo que convocar un novo concurso.

Cumpre lembrar que a alcaldesa se abstivo de acudir á última reunión do Padroado, realizada o pasado día 20 de novembro, a xuntanza na que precisamente se tomou a decisión de convocar un novo concurso.

Con total desprezo do Padroado, esa convocatoria xa fora anticipada pola propia Inés Rey.

“Aínda falta que a alcaldesa nos diga que fundamentos xurídicos avalaron a anulación do concurso e a formalización dunha nova convocatoria. Infelizmente todo isto dana a fundación. Non é así como se honra a vontade testamentaria de Maruxa Seoane”, afirma Mercedes Queixas, concelleira do BNG e membro do Padroado da FLS.

O BNG insta a alcaldesa a que reconsidere a decisión de abandonar a presidencia e a que, no cadro da política cultural do Concello, lle outorgue a importancia que merece á Fundación Luís Seoane, depositaria do legado do xenial artista coruñés, unha institución que ten todo o potencial para ser o grande centro de arte contemporánea que precisa a cidade e que nestes momentos nin sequera cumpre a función de pór en valor, de mostrar ao público, a excelsa obra de Seoane.

Fuxir dos problemas nunca é a solución, conclúe o grupo municipal do BNG a respecto desta decisión da alcaldesa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inés Rey abandona a presidencia da Luís Seoane, o que mostra o seu escaso compromiso persoal cunha institución central da cidade