Francisco Jorquera
Vídeo
Benvida do BNG da Coruña á XVII Asemblea Nacional

Benvida do BNG da Coruña á XVII Asemblea Nacional

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, foi a persoa encargada, en nome do Bloque da Coruña, de dar a benvida ao auditorio que encheu o Coliseum, no acto de abertura da nosa XVII Asemblea Nacional, a terceira consecutiva que se realiza na nosa cidade.

No seu discurso, Jorquera contrapuxo A Coruña verdadeira, a que foi berce do nacionalismo, a aquela na que a maioría da cidade non se sente representada, a que levou PP e PSOE a vetaren unha moción do BNG para lle retirar as honras ao alcalde e represor fascista Sergio Peñamaría de Llano. "Esa non é A Coruña verdadeira", clamou Jorquera, ovacionado polo auditorio.

Ler novas
Novas
Jorquera Pleno

PSOE e PP unen os seus votos para rexeitar a moción do BNG de retirada de honras ao alcalde franquista Peñamaría de Llano

Os grupos municipais de PSOE e PP uniron os seus votos para rexeitaren a moción coa que o BNG lle pedía á alcaldesa que activase o procedemento para lle retirar ao alcalde franquista Sergio Peñamaría de Llano (1959-1963) as honras e distincións de que goza. ACHEGAMOS O TEXTO DA MOCIÓN.
Ler novas
Novas
Jorquera conferencia prensa Orzamentos Concello para 2022

Presentamos as nosas propostas para os orzamentos do Concello-2022, con especial destaque para os barrios

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, presentou esta mañá, en conferencia de prensa, as propostas que a formación nacionalista vai pór sobre a mesa no proceso de elaboración dos orzamentos do Concello para 2022 (achegamos arquivo adxunto en pdf). Entre elas figura con destaque que o anunciado diñeiro para a compra dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo -15 millóns de euros- se destine finalmente a financiar un Plan de Rexeneración e Rehabilitación dos barrios da cidade.
Ler novas