Francisco Jorquera
Novas
Polígono de Someso

Lamentamos que os cargos políticos e técnicos do goberno local responsábel do caso Someso vaian ficar impunes

O grupo municipal do BNG lamenta que vaian ficar impunes os cargos políticos e técnicos do Goberno Municipal (presidido por Francisco Vázquez) que en 2005 e 2006 adoptaron acordos en relación ao coñecido como caso Someso, un escándalo urbanístico que acabou provocando danos patrimoniais ao Concello por valor de 20 de millóns de euros en indemnizacións ás persoas particulares afectadas.
Ler novas
Novas
Acto ferroviario na estación do Burgo

Unha viaxe desde a estación de San Cristovo até a do Burgo en demanda dun tren de proximidade para a cidade e a comarca

Militantes nacionalistas tomaron esta tarde un tren na estación de San Cristovo para se baixar apenas quince minutos despois na do Burgo, onde realizaron un acto –protagonizado polo deputado no Congreso Néstor Rego, a deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas e o portavoz do BNG en Culleredo Tono Chouciño- en demanda dun tren de proximidade para a cidade, a comarca e, en definitiva, para Galiza.
Ler novas
Novas
Jorquera Pleno Decembro

O Pleno de decembro aproba por unanimidade as tres mocións do BNG

A Casa coruñesa de Rosalía ten que se rehabilitar e abrir ao público. Os valores, a humanidade e a fraternidade, que representan Ibrahima Diack e Magatte Ndiaye teñen de se espallar polos institutos da cidade. E o Concello debe impulsar un Plano de Igualdade que acabe coa discriminación que sofren os clubs femininos.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera e Fran Rei cos mariscadores da Ría do Burgo perante a Delegación do Goberno. Mércores 28 de abril de 2021.

O Goberno Local debe mediar entre Xunta e Estado para que se indemnice as mariscadoras da Ría do Burgo

A Xunta di que é o Estado quen ten que indemnizar as e os mariscadores da Ría do Burgo (por ser a administración  responsábel da dragaxe), en tanto que o Estado replica que é a Xunta quen o ten que facer (por ter as competencias en pesca e marisqueo), nun xogo que o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, ten definido como “unha partida de ping pong interminábel” na que se usa como reféns as persoas mariscadoras.
Ler novas
Novas
Consello da Memoria Democrática

Consello da Memoria Democrática: o BNG denuncia a "falta de impulso" do Goberno Local nesta materia

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, denunciou a “falta de impulso” do Goberno Local no que ten a ver coas políticas de memoria histórica. Fíxoo na súa intervención durante a reunión do Consello da Memoria Democrática, que este mércores 17N volveu á actividade dous anos despois da súa última xuntanza. A razón dunha paréntese tan longa, o nulo interese do Goberno Local na súa convocatoria.
Ler novas
Novas
Néstor Rego e Jorquera conferencia de imprensa 15-11-21 apresentación emendas aos orzamentos

30 emendas para procurar un aumento de 252ME nos orzamentos do Estado para a cidade e a comarca

No seu estado actual os orzamentos do Estado-2022 non son aceptábeis polo BNG, polo que formulamos un feixe de emendas. Entre elas, 30 referidas á nosa cidade e comarca. De seren aprobadas, incrementaríase o investimento do Estado na Coruña e a súa contorna por volta de 252 millóns de euros, con especial destaque para os 200 que irían á futura fachada marítima da cidade. As emendas foron apresentadas aos medios esta mañá polo noso deputado no Congreso Néstor Rego e o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
Ler novas