PREGUNTA ORAL DE FRANCISCO JORQUERA NO PLENO DO 4N

Autoridades Portuarias doutras cidades si cederon terreos de balde aos concellos respectivos

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria
Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria
O Goberno Municipal prepara diñeiro da Facenda local -15 millóns de euros- para se facer coa titularidade dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo nun contexto en que as Autoridades Portuarias doutras cidades –València, Almeira e Pasaia- cederon terreos de xeito gratuíto aos concellos respectivos.
Autoridades Portuarias doutras cidades si cederon terreos de balde aos concellos respectivos

Así o denuncia o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quen levará o asunto ao Pleno do próximo xoves, en forma dunha pregunta oral que reza así: “Como valora o Goberno Municipal que noutras cidades se cedan terreos portuarios para desfrute das persoas sen custo para esas urbes?”

Os datos son elocuentes. En 2012, o Concello de Valéncia recibiu de balde a cesión de 158.000 metros cadrados da Autoridade Portuaria. Os terreos foron posteriormente traspasados ao Consorcio València 2007, co propósito de serviren de garantía ao pagamento da débeda desta entidade co Estado. Mais a débeda, o dobro da que ten o porto coruñés, foi finalmente condonada.

Unha operación de cesión gratuíta está actualmente en estudo en Almería, con 80.000 metros cadrados que se poderían incorporar, tamén de xeito gratuíto, á cidade.

E hai máis: en xullo deste mesmo ano, a Autoridade Portuaria de Pasaia acordaba co Concello a cesión gratuíta de espazos portuarios por valor de 13 millóns de euros.

A débeda da dársena valenciá, o dobro da que ten o porto coruñés, foi finalmente condonada.

“Por que non é posíbel acordos deste tipo na Coruña?”, pregúntase o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera. Se cadra é porque do que se trata é de que o Concello contribúa a pagar a débeda do porto, considera.

Para o BNG, a discriminación que sofre o porto da Coruña a respecto da dársena de València é intolerábel. “Por que A Coruña ten que asumir o pagamento, pola porta de atrás, da débeda xerada pola súa construción? Por que o que foi posíbel en València non é realista para A Coruña?”, inquire Jorquera.

A resposta remite para a falta de presión política exercida quer desde a Xunta quer desde o Concello, en contraste da actitude tida por unha Generalitat valenciá que condicionou o seu visto bon ao reparto dos obxectivos de déficit entre administracións a que o Estado aceptase perdoar a débeda do seu porto.

“A Generalitat valenciá execeu presión política, algo que nunca fixeron nin a Xunta nin o Concello”, conclúe Jorquera.

 

 

 

Autoridades Portuarias doutras cidades si cederon terreos de balde aos concellos respectivos