PREGUNTA POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA

Ten contactos o Goberno Local coa Xunta para enviar parte do lixo a Sogama?

Imaxe do exterior da Planta de Nostián
Imaxe do exterior da Planta de Nostián
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou unha pregunta por escrito para saber se o Goberno Local –en concreto, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán- mantivo encontros coa Xunta para establecer un marco de relación estábel entre a planta de tratamento de residuos de Nostián e Sogama
Ten contactos o Goberno Local coa Xunta para enviar parte do lixo a Sogama?

De acordo con informacións xornalísticas, eses encontros teríanse producido e sobre a mesa tería estado unha eventual repartición de tarefas: Nostián ocuparíase do tratamento dos residuos orgánicos e Sogama, dos inorgánicos.

Para Jorquera, un escenario dese teor significaría a renuncia a un modelo de tratamento integral de todos os residuos por parte de Nostián e atentaría contra a propia pervivencia dun modelo de xestión e tratamento do lixo a escala comarcal.

“No canto de irmos cara un modelo que garanta verdadeiramente a reciclaxe e a compostaxe de calidade, renunciaríamos a parte da xestión dos residuos para engordar o negocio de Sogama”, denuncia o voceiro nacionalista.

Todo isto ocorre, relata, “cando aínda non hai un horizonte definido para a licitación do novo contrato de Nostián e cando desde os concellos do Consorcio das Mariñas se presiona o Concello para que remate coa situación de interinidade da planta, advertindo da posibilidade de enviar o lixo a Sogama”, conclúe.

De resto, na iniciativa Jorquera interpela o Goberno Local sobre se xa ten decidido un horizonte definido para a licitación do novo contrato de Nostián. “Non ve que unha demora na tramitación do novo contrato podería levar aparellado que os concellos do Consorcio das Mariñas levasen o lixo a Sogama, o que claramente poría en risco a viabilidade de Nostián?”, inquire o portavoz do BNG en María Pita.

 

Ten contactos o Goberno Local coa Xunta para enviar parte do lixo a Sogama?