Francisco Jorquera
Novas
Fonte pública A Fontaíña

Interesámonos polas necesidades do núcleo da Fontaíña

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local sobre o núcleo da Fontaíña, na parroquia de San Vicenzo de Elviña, claramente necesitado de actuacións que o doten de máis e mellores espazos públicos e equipamentos comunitarios.

Ler novas
Novas
Jorquera

Esther Fontán, a Jorquera: "A desesperación que ten vostede sobre o futuro de Nostián compártea esta concelleira"

O novo contrato da planta de residuos de Nostián, o anterior concluíu en decembro de 2019, está máis no aire que nunca despois de que a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, dixese esta tarde no Pleno, a unha pregunta de Francisco Jorquera, que o modelo de separación húmido e seco da Coruña (consistente en catro contentores na rúa) non tería cabida na nova lei de residuos e solo contaminado que se tramita nas Cortes Xerais do Estado.
Ler novas
Novas
Jorquera Pleno Febreiro

Aprobadas as mocións sobre Alu Ibérica e tren de proximidade e rexeitada, coa oposición do PP e a abstención do PSOE, a da memoria histórica

O Pleno de febreiro aprobou por unanimidade as mocións do BNG sobre a situación de Alu Ibérica e sobre a necesidade de dotar a cidade e a comarca dun tren de proximidade. Porén, rexeitou, cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, a moción nacionalista, conxunta coa Marea e coa concelleira non adscrita Isabel Faraldo, sobre a memoria histórica en que se demandaba o apoio do Concello á Marcha Cívica, o Roteiro da Vergoña, coa que a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica quere denunciar a supervivencia na cidade de símbolos franquistas.
Ler novas
Novas
Ana Pontón e Jorquera co comité de empresa Alu Ibérica.

Levamos a Pleno a situación límite de Alu Ibérica: estamos nos minutos de desconto para evitar o seu peche

A planta de Alu Ibérica na Coruña está nunha situación límite, á beira do peche, o que resultaría na perda de 300 postos de traballo directos. “Por empregarmos un símil futbolístico, estamos nos minutos de desconto para intentar evitar o peche doutra industria na Coruña e na nosa comarca”, alerta o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, quen mañá defenderá no Pleno unha moción ao respecto.
Ler novas
Novas
Cárcere provincial

Levamos a Pleno a situación do cárcere, pendente da negociación co Estado para lograr a súa reversión gratuíta

O 3 de decembro de 2020, o Pleno do Concello encargou ao Goberno Local, ao aprobar unha moción do BNG, que establecese negociacións co Estado para conseguir a cesión do antigo cárcere ao Concello, unha vez rehabilitado. A iniciativa emprazaba tamén o Executivo coruñés a que demandase do Goberno central o correcto mantemento do centro penitenciario, un edificio de grande valor arquitectónico e simbólico –nel estiveron internados centos de presos políticos durante o franquismo- que ameaza ruína polo estado de abandono en que se atopa. A degradación da vella prisión ten un impacto brutal na contorna da Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade e símbolo da nosa cidade.
Ler novas
Novas
Casa Escariz

En resposta ao BNG, o Goberno Local di que estudará reclamarlle aos testamenteiros as rendas da Casa Escariz

“Non estamos neste momento procesal, estudarase cando teñamos a información que corresponda procesalmente”, responde o Goberno Local ao portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quen inquirira o Executivo coruñés sobre se pensa reclamarlle á Fundación Manuel Piñeiro Pose as cantidades “cobradas e retiradas indebidamente” procedentes da Casa Escariz.
Ler novas