PREGUNTA ORAL DE FRANCISCO JORQUERA NO PLENO DO 2D

Instamos o Goberno Local a que atenda a demanda veciñal e reconsidere os seus plans para o Campo da Estrada

FotoMaestranza
FotoMaestranza
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, insta o Goberno Local a que atenda a demanda veciñal e reconsidere os seus plans en relación aos terreos da Maestranza.
Instamos o Goberno Local a que atenda a demanda veciñal e reconsidere os seus plans para o Campo da Estrada

Sobre este asunto, o voceiro nacionalista realizará unha pregunta oral ao Executivo coruñés no curso do Pleno do Concello que se realizará o vindeiro xoves 2 de decembro.

Lembremos que estamos a falar duns terreos que eran do pobo da Coruña, que eran comunais e que no seu día foron cedidos ao naquela altura chamado Ministerio da Guerra.

“Unha vez rematado o seu uso con fins militares, o xusto é que sexan devoltos á cidade da Coruña”, di Jorquera. Esta demanda é vella, tan vella que así o solicitaba o Goberno Local da Coruña en 1840.

Lembremos que estamos a falar duns terreos que eran do pobo da Coruña, que eran comunais e que no seu día foron cedidos ao naquela altura chamado Ministerio da Guerra.

“Ademais”, esténdese o voceiro nacionalista, “estes terreos están situados no ámbito de protección de bens de interese cultural de alto valor patrimonial, como son o sistema defensivo medieval e barroco da nosa cidade. Trátase de defender o noso patrimonio, tamén o paisaxístico e cultural”, alega Jorquera.

Debe, por tanto, impedirse a construción neses terreos. “A edificación de blocos de vivendas, alén do seu impacto urbanístico na contorna da Cidade Vella, constituiría unha pantalla visual que dificultaría a contemplación do mar”, remarca o portavoz nacionalista.

“Reclamando ao Ministerio de Defensa a devolución dos terreos da Maestranza non estamos a pedir ningún favor: estamos simplemente a esixir que se nos devolva o que é noso, de todas as coruñesas e coruñeses”, conclúe.

 

 

Instamos o Goberno Local a que atenda a demanda veciñal e reconsidere os seus plans para o Campo da Estrada