CONFERENCIA DE PRENSA DE NÉSTOR REGO E FRANCISCO JORQUERA

30 emendas para procurar un aumento de 252ME nos orzamentos do Estado para a cidade e a comarca

Néstor Rego e Jorquera conferencia de imprensa 15-11-21 apresentación emendas aos orzamentos
No seu estado actual os orzamentos do Estado-2022 non son aceptábeis polo BNG, polo que formulamos un feixe de emendas. Entre elas, 30 referidas á nosa cidade e comarca. De seren aprobadas, incrementaríase o investimento do Estado na Coruña e a súa contorna por volta de 252 millóns de euros, con especial destaque para os 200 que irían á futura fachada marítima da cidade. As emendas foron apresentadas aos medios esta mañá polo noso deputado no Congreso Néstor Rego e o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
30 emendas para procurar un aumento de 252ME nos orzamentos do Estado para a cidade e a comarca

Eis as 30 emendas formuladas polo BNG aos orzamentos do Estado en relación á nosa cidade e comarca:

 

  • A Coruña:

 

Modernización liña ferroviaria A Coruña-Ferrol: 10.000.000 euros (Supracomarcal)

Modernización liña ferroviaria A Coruña- Lugo: 10.000.000 (Supracomarcal)

Reforma Avenida Alfonso Molina: 5.000.000

Reforma Ponte da Pasaxe: 900.000 (comarcal)

Porto da Coruña (solución débeda):200.000.000

Rexeneración Ría do Burgo: 5.121.000

Compensación mariscadores da Ría do Burgo: 1.300.000 (comarcal).

Rehabilitación contorna Observatorio Meteorolóxico: 300.000. Imprescindíbel para a súa posterior incorporación ao futuro Parque da Agra do Orzán.

Reforma Centro Oceanográfico: 1.350.000

Cidade das TIC: 5.000.000

Mantemento cárcere e plan rehabilitación: 2.000.000

Total emendas: 240.971.000 euros.

 

  • Arteixo: Subtotal: 8.050.000

 

Enlace AC-415-Autovía acceso Porto Exterior: 6.600.000

Centro de Interpretación Castro Punta Langosteira: 1.450.000

 

  • Culleredo: Subtotal: 950.000

 

Apeadeiro ferroviario en Boedo: 100.000

Apeadeiro ferroviario en Fonteculler: 100.000

Aumento frecuencias A Coruña-O Burgo: 50.000

Estudo para a conexión co Centro Loxístico de Ledoño: 50.000

Estudo conexión AP-9 -3ª Ronda: 100.000

Estudo Mellora integración urbana AP-9:100.000

Estudo illamento pegada sonora Alvedro: 50.000

Cuberta e celosías biblioteca IES Cruceiro Baleares: 300.000

Acondicionamento pazos contorna de Alvedro: 100.000

 

  • Cambre: Subtotal:1.950.000

 

Apeadeiro ferroviario na Barcala: 200.000

Restitución praia de vías en Cambre: 300.000

Mellora acceso-saída 7 da AP 9: 200.000

Mellora N-550 en Altamira: 300.000

Mellora N-550 en Sigrás: 400.000

Pasarela peonil na AC 12 no Graxal: 450.000

 

  • Carral: Subtotal: 600.000

Mellora N-550 en Carral: 600.000

 

  • Sada: Subtotal: 300.000

Mellora da ribeira portuaria e litoral: 300.000

 

Total comarca: 252.821.000 (30 emendas)

 

Canto a como marchan as negociacións cos grupos parlamentares (PSOE e Unidas Podemos) que dan suporte ao Goberno en relación a aceptación destas emendas e ao sentido definitivo do voto nacionalista no trámite da aprobación da totalidade dos orzamentos, Néstor Rego pronunciouse nestes termos: "Gustaríanos votar que SI, mais iso vai depender da vontade negociadora de PSOE e Unidas Podemos".

Rego si puxo en destaque que para o BNG a emenda dos 200ME destinada á fachada marítima coruñesa é moi relevante e que en ningún caso o Bloque vai aceptar a discriminación da cidade a respecto do trato (condonación total da débeda) outorgado polo Estado a València.

 

 

30 emendas para procurar un aumento de 252ME nos orzamentos do Estado para a cidade e a comarca