Volvemos levar ao Pleno para cando será desafectada a veciñanza de Elviña pola construción do Ofimático
Preguntamos por escrito se existe algún resultado da proposta de modificación do planeamento entre a Avenida da Vedra e a Universidade de A Coruña e o núcleo de Elviña
Vanse cumprir 300 días desde que foi anunciada por última vez a desafectación da veciñanza da zona sen que se teñan producido avances no procedemento urbanístico
En novembro cumpriranse 4 anos do despexo dunha familia, e para o ano, os 8 desde que comezou o proceso polo cal moitas familias aínda seguen pendentes de ser botadas á rúa das súas propias casas: exiximos ao Executivo da marea Atlántica que axilice as súas promesas e explique cal é o motivo de que teñan pasado xa máis de sete meses desde a sinatura do decreto de inicio do expediente de modificación puntual do PXOM de 2013 vixente e do Plan Parcial que desenvolve o Sector S-10 «Parque Ofimático» e que aínda non se teña tramitado nada dentro do Concello da Coruña