O BNG exixe melloras no lavadoiro do Castro de Elviña
A Coruña, 27 decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha serie de preguntas para a resposta escrita co fin de exixirlle ao Goberno do Sr. Negreira que acometa as melloras necesarias no lavadoiro do Castro de Elviña. A situación é de tal abandono que, recentemente, até lle caeu un cascallo. Na actualidade, atópase precintado cunha cinta da policía local, mais o Concello aínda non interveu.
As nacionalistas salientan na iniciativa que o PXOM cataloga o lavadoiro do Castro de Elviña como un elemento de valor etnográfico con protección integral. Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG interpela o Goberno do Sr. Negreira para saber que ten pensado facer co lavadoiro e se ten algún plan para protexer os elementos con valor etnográfico situados no Castro de Elviña.