OFIMÁTICO

Volvemos levar ao Pleno para cando será desafectada a veciñanza de Elviña pola construción do Ofimático

Imaxe dunha das concentracións que todos os venres convoca a veciñanza de Elviña
Imaxe dunha das concentracións que todos os venres segue a convocar a veciñanza de Elviña pedindo a desafectación

Preguntamos por escrito se existe algún resultado da proposta de modificación do planeamento entre a Avenida da Vedra e a Universidade de A Coruña e o núcleo de Elviña

Vanse cumprir 300 días desde que foi anunciada por última vez a desafectación da veciñanza da zona sen que se teñan producido avances no procedemento urbanístico

En novembro cumpriranse 4 anos do despexo dunha familia, e para o ano, os 8 desde que comezou o proceso polo cal moitas familias aínda seguen pendentes de ser botadas á rúa das súas propias casas: exiximos ao Executivo da marea Atlántica que axilice as súas promesas e explique cal é o motivo de que teñan pasado xa máis de sete meses desde a sinatura do decreto de inicio do expediente de modificación puntual do PXOM de 2013 vixente e do Plan Parcial que desenvolve o Sector S-10 «Parque Ofimático» e que aínda non se teña tramitado nada dentro do Concello da Coruña

Volvemos levar ao Pleno para cando será desafectada a veciñanza de Elviña pola construción do Ofimático

Vimos de presentar unha batería de preguntas (que podes descargar premendo aquí) a respecto do anuncio realizado en decembro do ano pasado polo Goberno local no que se comprometía a impulsar unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) coa finalidade de excluír do ámbito a totalidade dos terreos situados entre a avenida de Alfonso Molina e a Universidade e o núcleo de Elviña, na marxe dereita da avenida.

A aquela altura, o concelleiro de rexeneración urbana, Xiao Varela, en nota de prensa que se pode consultar na web municipal, sinalaba que estaban a punto de dar un paso importante e que este cambio do PXOM tiña como finalidade clara poder concluír a zona residencial do Ofimático, e, ao mesmo tempo, excluír e desafectar a parte do núcleo de San Vicente de Elviña afectado polo plan do Ofimático. Porén, non foi até o 7 de febreiro de 2018 que o concelleiro de Rexeneración Urbana asinou o decreto de inicio do expediente de modificación puntual do PXOM de 2013 vixente e do Plan Parcial que desenvolve o Sector S-10 «Parque Ofimático.

Deste xeito, advertimos que o propio concelleiro da área aseguraba que que entre os obxectivos da modificación estaría “excluír do ámbito do sector de solo urbanizábel SURT-2, a totalidade dos terreos situados entre a Avenida da Vedra e a Universidade de A Coruña e o núcleo de Elviña”.

Por tanto queremos que o Executivo aclare quen está a realizar a proposta de modificación puntual do PXOM de 2013 vixente e do Plan Parcial que desenvolve o Sector S-10 «Parque Ofimático» e se se está traballando e contando cos antigos propietarios de Elviña na tramitación e realización da modificación desta planeamento.

En novembro cumpriranse 4 anos do despexo dunha familia, e para o ano, os 8 desde que comezou o proceso polo cal moitas familias aínda seguen pendentes de ser botadas á rúa das súas propias casas: exiximos ao Executivo da marea Atlántica que axilice as súas promesas e explique cal é o motivo de que teñan pasado xa máis de sete meses desde a sinatura do decreto de inicio do expediente de modificación puntual do PXOM de 2013 vixente e do Plan Parcial que desenvolve o Sector S-10 «Parque Ofimático» e que aínda non se teña tramitado nada dentro do Concello da Coruña.

A Coruña, 27 de setembro de 2018.

Volvemos levar ao Pleno para cando será desafectada a veciñanza de Elviña pola construción do Ofimático