Eleccións municipais 2023
Novas
Encontro BNG coa CIG

Jorquera, no encontro con delegadas/os da CIG: "Para as e os traballadores non é indiferente quen goberne no Concello"

O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá un encontro cun cento de delegadas e delegados da CIG no salón de actos do Edificio Sindical. Jorquera estivo acompañado polo deputado do BNG no Congreso Néstor Rego e polos tamén integrantes da candidatura do Bloque Celia Armas, Carlos Varela e Iago Pazos, números 11, 10 e 17, respectivamente.
Ler novas
Novas
Foto de grupo área metropolitana

Pontón pide concentrar no BNG o voto das persoas que queren unha Coruña en grande, sustentábel, feminista e de vangarda

O Parque de Eirís -moi perto das ruínas do coñecido como Castelo de Valparaíso, desde o que se enxerga unha espectacular vista da baía coruñesa- acolleu este martes unha reunión de candidatas e candidatos do BNG da cidade e da comarca coa portavoz nacional Ana Pontón. A líder nacionalista chamou a concentrar na lista liderada por Jorquera o voto das persoas que queren unha Coruña en grande, sustentábel, feminista e de vangarda.

Ler novas
Novas
Jorquera e candidatos diante do soar de Adelaida Muro

Un alcalde do BNG non toleraría que Defensa actuase como unha inmobiliaria na nosa cidade

Arroupado por un nutrido grupo de persoas –entre elas Avia Veira e Mercedes Queixas, números 2 e 3 da candidatura do BNG-, o candidato do Bloque á Alcaldía, Francisco Jorquera, instou esta mañá ao Ministerio de Defensa a que “deixe de se comportar como unha inmobiliaria e a que ceda os seus terreos ao Concello, sen custo, para que A Coruña poda engrosar o seu parque municipal de vivendas”.
Ler novas
Novas
Jorquera na derradeira sesión vermú do BNG

"Pídovos que ao irdes votar pensedes en que perfil de alcalde queredes porque solvencia e capacidade non é o mesmo que arrogancia"

A Praza 8 de Marzo (A Cubela) acolleu este domingo a sexta e derradeira sesión vermú co BNG, xusto cando a campaña enfila a súa última semana. Un último espectáculo que deixou imaxes para o recordo, fotos da banda coa candidatura, bailes e cantos conxuntos, moitas ganas de festa e moitas ganas de mudar a cidade para mellor con cánticos de "alcalde, alcalde!" ao rematar a breve intervención de Jorquera.
Ler novas