Jorquera, após votar: "Se hai unha participación masiva será mellor para A Coruña e será mellor para Galiza"

Jorquera vota o 28M de 2023
Jorquera vota
Nun breve encontro cos medios após votar no colexio electoral do Castrillón, fíxoo ás 11 horas, o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, fixo un chamamento ás coruñesas e aos coruñeses a que voten masivamente.
Jorquera, após votar: "Se hai unha participación masiva será mellor para A Coruña e será mellor para Galiza"

Nun breve encontro cos medios após votar no colexio electoral do Castrillón, fíxoo ás 11 horas, o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, fixo un chamamento ás coruñesas e aos coruñeses a que voten masivamente.

“Se hai unha participación masiva, mellorarán as cousas. Será mellor para A Coruña e será mellor para Galiza”, dixo.

O voto, afirmou, é “a principal ferramenta para influír na vida pública”. Jorquera instou as coruñesas e coruñeses a que exerzan ese dereito a que logo “sexan esixentes co goberno local, que lle esixan o cumprimento dos compromisos, unha permanente rendición de contas”.

Como vai pasar esta xornada electoral?, perguntoulle un xornalista. “Vouna pasar en familia, procurando relaxarme e seguindo o desenvolvemento da xornada primeiro e o escrutinio despois”.