"A campaña? Moi ben. Fomos e estamos indo a máis", di Jorquera a poucas horas do mitin con Ana Pontón
A apenas 12 horas de concluír a campaña electoral, o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, fai unha “valoración moi positiva” do desenvolvemento destes 15 días.
26 maio 2023 - 13:48
“Fixemos unha campaña propositiva, en positivo. Demostramos coñecer os problemas e necesidades da Coruña. Demostramos ter proxecto de cidade. Foi unha campaña moi participativa, en diálogo permanente coa veciñanza”, afirma.
Jorquera ten a “clara percepción” de que o BNG foi medrando durante a campaña. “Fomos collendo máis forza día a día. Estamos claramente indo a máis”, engade.
Para o candidato do BNG á Alcaldía, cada vez son máis as coruñesas e os coruñeses os que perciben que “o Bloque é o voto útil para lle imprimir á nosa cidade o cambio de rumbo que precisa”.