UNHA INICIATIVA DE DAVID SOTO

Por que hai tantas instalacións municipais deportivas coa concesión caducada?

Captura de pantalla 2025-08-29 140605
Aspecto da sala de máquinas do polideportivo San Diego [Foto: La Opinión]
Existe un grande número de contratos da área de Deportes do Concello ou caducados ou a piques de caducar, o que leva o noso concelleiro David Soto a formular un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local.
Por que hai tantas instalacións municipais deportivas coa concesión caducada?

Existe un grande número de contratos da área de Deportes do Concello ou caducados ou a piques de caducar, o que leva o noso concelleiro David Soto a formular un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local.

O Campo Municipal de Golf, o Complexo Deportivo de San Diego, a Piscina Municipal de San Amaro, o Polideportivo Municipal da Sagrada Familia son exemplos desta situación.

David Soto inquire o Goberno Local sobre a falta de mantemento e a redución das clases dirixidas no Polideportivo de San Diego

“Cando caducou ou vai caducar o contrato de concesión das conserxarías das instalacións deportivas municipais?”, cuestiona o concelleiro nacionalista, quen se interesa igualmente por saber “cal é a xuízo do Goberno Municipal a razón de existiren tantos contratos de concesión caducados”.

Sobre o Polideportivo de San Diego, Soto quere saber se o Goberno de Inés Rey é coñecedor dos problemas orixinados polo seu deficiente mantemento e se lle consta que se ten producido unha redución na oferta de clases dirixidas.

“Cando vai saír a concurso a licitación da nova concesión da xestión do polideportivo?”, inquire o noso concelleiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por que hai tantas instalacións municipais deportivas coa concesión caducada?