COMO TRIBUTO Á MEMORIA DO ACTIVISTA POLOS DEREITOS LGTBI TRISTEMENTE FALECIDO HAI POUCO MÁIS DUN MES

David Soto recolle unha proposta veciñal e pídelle ao Goberno Local que a área xuvenil de Novo Mesoiro leve o nome de Ruby

Captura de pantalla 2025-07-17 120407
Ruby, fotografado por Carlos Pardellas (La Opinión).
O BNG da Coruña vén de propor que a nova área xuvenil de Novo Mesoiro leve o nome de Ruby, en homenaxe a Rubén Alexandre Barral Enríquez, activista en defensa dos dereitos da comunidade LGTBI tristemente falecido hai pouco máis dun mes.
David Soto recolle unha proposta veciñal e pídelle ao Goberno Local que a área xuvenil de Novo Mesoiro leve o nome de Ruby

O BNG -que levou o asunto ao Pleno da semana pasada, en forma de rogo oral- asume así unha proposta lanzada desde a Asociación Veciñal de Novo Mesoiro.

“Rubén foi un defensor dos dereitos da comunidade LGTBI, que é o mesmo que dicir que foi defensor do ben común”, refire o autor da iniciativa, o noso concelleiro David Soto.

Soto remarca o rol de Ruby como colaborador do Sex Point do Comité Antisida da Coruña: “Impulsou un proxecto necesario para esta cidade que serviu para mellorar a vida de centos de persoas, para dar acollida e acompañamento a quen máis o necesitaba e para espallar a conciencia sobre cuestións tan relevantes como a loita contra a exclusión social, a saúde sexual ou a defensa da diversidade”.

Ruby foi veciño de Novo Mesoiro, barrio no que tamén mora David Soto, “un barrio novo, pero cun fortísimo sentimento de comunidade”, nado das achegas á vida comunitaria feitas por persoas como este activista polos dereitos do colectivo LGTBI.

 

 

David Soto recolle unha proposta veciñal e pídelle ao Goberno Local que a área xuvenil de Novo Mesoiro leve o nome de Ruby