LAGE TOMA O RELEVO DE CASTRO, MAIS CONTINÚA A MESMA FALTA DE TRANSPARENCIA: NINGUNHA INCÓGNITA FOI DESPEXADA

Mundial 2030: a desinformación continúa

Captura de pantalla 2025-10-02 135207
Soto, durante a súa intervención
Na quenda de preguntas ao Goberno Local deste #PlenoOutubro, o concelleiro do BNG David Soto inquiriu o Executivo coruñés sobre o proxecto para A Coruña ser unha das sedes do campionato mundial de fútbol masculino 2030.
Mundial 2030: a desinformación continúa

Ao contrario do que viña sendo normal até agora a resposta do Goberno Local non a ofreceu o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, senón o portavoz do Executivo, José Manuel Lage.

Mais a resposta de Lage foi tan evasiva como a que tería dado ou deu no pasado Castro: ningún dato sobre os custos do proxecto, sobre as achegas das diferentes administracións, sobre a data de licitación da reforma do estadio, sobre a identidade do operador privado que o irá explotar nin sobre como se escollerá este, se por concurso aberto a ofertas ou se por designación directa.

“Todos queremos ter certezas. Cando haxa cousas que anunciar, así o faremos”, dixo Lage. Un clásico.

“A señora Inés Rey pídenos que rememos todos na mesma dirección. Pero en que dirección, señora Rey, se non temos ningunha información sobre onde imos?”, denunciou Soto.

O BNG interpelou tamén o Goberno Local sobre o servizo de actividades deportivas municipais -cuxo contrato caduca en novembro- e sobre o mantemento dos centros públicos de ensino.

A respecto da primeira cuestión, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, avanzou que a redacción dos pregos para o novo contrato se atopa na súa fase final e que a licitación se producirá antes da conclusión do ano.

Canto á segunda, o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, asegurou que o contrato para o mantemento dos centros vai duplicar o seu orzamento.

As mocións

O Pleno aprobou as tres mocións do BNG a debate, dúas delas por unanimidade, as referidas ás instalacións deportivas municipais e ao establecemento dun calendario fiábel e realista para a ampliación do CHUAC.

Canto á relativa á condena ao xenocidio en Gaza, a moción foi aprobada cos votos do grupo socialista. O PP votouna en contra pola súa incapacidade de asumir a cualificación do masacre sistemático de civís como xenocidio, pese ao comité de persoas expertas de Nacións Unidas si o ter xulgado como tal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mundial 2030: a desinformación continúa