DAVID SOTO AGRADECE AS ACHEGAS "DAS CENTRAIS SINDICAIS DA CIDADE"

O Pleno aproba a creación do Consello Económico e Social, unha proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura

Pleno Xullo
O grupo municipal, momentos antes de comezar o Pleno
O Pleno de xullo aprobou, cos votos do grupo socialista e a abstención do PP, a creación do Consello Económico e Social, unha proposta do BNG incorporada ao Acordo de Investidura.
O Pleno aproba a creación do Consello Económico e Social, unha proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura

“Estamos seguros que o Consello Económico e Social será non só un foro privilexiado para analizar as necesidades e as oportunidades da cidade, senón tamén un viveiro de propostas que sirvan ao interese común”, afirmou na súa intervención perante o Pleno o concelleiro do BNG David Soto.

Soto agarda que se teña en conta a suxestión da Secretaría Xeral do Pleno para que o ámbito de actuación do CES se estenda tamén á contorna metropolitana da cidade, “dada a estreitísima imbricación da economía da cidade” coa comarca coruñesa.

Ao mesmo tempo, demandou que se faga un esforzo para integrar neste novo organismo a representantes das pequenas e medianas empresas e as e os traballadores autónomos, “pola importancia da súa contribución á economía da cidade”.

E para pór o ramo á súa intervención, salientou que a proposta de creación do CES “naceu do diálogo do BNG coas centrais sindicais da Coruña, ás que agradecemos de corazón o seu compromiso co ben común desta cidade”.

O Pleno aproba a creación do Consello Económico e Social, unha proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura