UNHA MOCIÓN CONTRA A PRECARIEDADE LABORAL E PARA GARANTIR A SEGURIDADE DAS TRABALLADORAS

Soto reúnese con traballadoras do SAF e levará as súas demandas ao #PlenoSetembro

Xuntanza de David Soto con traballadoras do SAF (Servizo de Axuda no Fogar). 9 de setembro de 2025.
Un momento do encontro, á que asistiu tamén o responsábel local do BNG, Ignacio Siota
O concelleiro do BNG David Soto mantivo esta semana un encontro con representantes das traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar
Soto reúnese con traballadoras do SAF e levará as súas demandas ao #PlenoSetembro

Froito desa xuntanza -á que asistiu tamén o responsábel local do BNG, Ignacio Siota- é a moción que Soto vai defender no Pleno do Concello deste xoves 11S.

“Imos levar ao Pleno as demandas das traballadoras. As súas preocupacións teñen a ver tanto con cuestións laborais -salarios baixos, precariedade- como coa necesidade de garantir a súa seguridade. En ocasións sofren situacións de violencia, na maioría de casos verbais, mais temos que estar alerta para evitar que se produzan sucesos como o tristemente acontecido no Porriño”, refire o concelleiro nacionalista.

Canto á precariedade laboral, Soto remarca que moitas destas traballadoras teñen “contratos a tempo parcial” que ás veces se traducen “en menos 400 euros de salario”.

No mesmo sentido, as traballadoras denuncian que non se están a cumprir cos compromisos en materia de prevención de riscos laborais por parte das empresas concesionarias. “Unha delas leva bastante tempo sen convocar os cursos para a mobilización de pacientes encamados e sobre prevención xeral de riscos laborais”, destaca.

As traballadoras tamén demandan que se aborden “as violencias” que nalgúns casos se dan por parte das familias de persoas usuarias. “Violencias que normalmente son verbais, pero que deben ser atalladas para evitar situacións como a que infelizmente se deu este verán no Porriño”, conclúe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Soto reúnese con traballadoras do SAF e levará as súas demandas ao #PlenoSetembro