Avia Veira
Vídeo
O BNG, coas bibliotecarias en folga

O BNG, coas bibliotecarias en folga

A súa situación é "surrealista". Acaban de ir á folga porque a concesionaria dun servizo municipal non lles está a pagar os seus salarios en tempo e forma. Chove sobre mollado. Xa en 2019 viviron unha situación similar. A responsabilidade, denuncia Avia Veira, é da empresa, mais tamén do Goberno Local e, nomeadamente, da alcaldesa, desde que asumiu a carteira de Cultura no Executivo coruñés.

O asunto é moi grave e ímolo levar ao Pleno do Concello do xoves 7 de xullo.

Ler novas
Novas
Cárcere provincial

Non aparece o acordo extraxudicial sobre o cárcere: un argumento ben aquelado para Expediente X!

O pasado 14 de xuño, a concelleira do BNG Avia Veira solicitou por escrito ter acceso ao “acordo extraxudicial” ao que, de acordo con informacións xornalísticas, terían chegado o Concello e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios, organismo estatal que ostenta a titularidade do antigo cárcere provincial. Pois ben, en resposta a esta solicitude, o Goberno Local –en concreto a Dirección de Área De Urbanismo- afirma que “non ten documentación nin coñecemento de ningún acordo extraxudicial en relación ao antigo cárcere provincial”.
Ler novas
Novas
Shot of a woman assisting her elderly patient who's using a walker for support

Moveuse xa o Goberno Local para as traballadoras do SAD veren actualizados os seus salarios?

No pleno do pasado mes de xuño a Corporación aprobou por unanimidade unha moción do BNG, defendida por Avia Veira, que substancialmente demandaba dúas cousas do Goberno Local. Primeira, que se dirixise ás concesionarias do Servizo de Atención a Domicilio (SAD) para lembrarlles a súa obriga de actualizar os salarios das súas traballadoras de acordo co IPC de 2021 (6,5%). Segunda, que instase a Xunta de Galiza a incrementar o financiamento do SAD por medio do aumento do prezo do servizo, de modo a mellorar as condicións laborais das traballadoras.
Ler novas