UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Por que as novas tarifas de Bicicoruña penalizan as persoas que viven na perifera da cidade?

BNG A CORUÑA
A concelleira do BNG Avia Veira acaba de rexistrar unha pregunta por escrito en relación ao novo réxime de tarifas de Bicicoruña.
Por que as novas tarifas de Bicicoruña penalizan as persoas que viven na perifera da cidade?

Veira quere saber en que organismo se vai aprobar e por que se opta por un sistema que penaliza as persoas que viven na periferia da cidade, pois a tarifa encarécese a partir do minuto 20 de uso da bicicleta, o que loxicamente castiga as e os veciños que teñen que facer percorridos máis longos.

“O réxime que se propón vai penalizar as persoas que viven na periferia da cidade, cuxos percorridos necesariamente van implicar máis tempo de volta á casa”, considera Veira, quen, alén do máis, remarca que xustamente estas veciñas e veciños son os que sofren un peor servizo de transporte público urbano no que ten a ver coas frecuencias e co mapa de liñas.

O feito de se encarecer a tarifa da bicicleta a partir do minuto 20 do seu uso vai provocar un efecto non desexábel: fomentar que se empreguen “outros medios de transporte máis contaminantes”, critica a concelleira nacionalista.

Veira tamén se interesa por coñecer as razóns polos que se está a demorar tanto a posta a disposición do público das novas bicicletas: “Unha instalación que se anunciou que se faría a partir do 13 de xuño e que implicaba unha suspensión do servizo de 12 días. Porén, a 29 de xuño as estacións seguen baleiras e o servizo, paralizado”, afirma a concelleira do BNG.

 

Por que as novas tarifas de Bicicoruña penalizan as persoas que viven na perifera da cidade?